lunes, 13 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Estamos ás portas un ano máis do Día da Muller Traballadora, un novo 8 de marzo.


Xa sei que hai mulleres que coa súa loita, ou debido  á profesión que desempeñan, dignifican a todas as traballadoras. Pero eu quero adicarlle estas verbas a todas as mulleres anónimas que a cotío se erguen cedo, aínda que a noite non fora de descanso para elas, ben sexa por dores físicas ou por problemas cotiás. (Enténdase como tales: preocupacións familiares, de saúde, de traballo ou económicos).


Estas mulleres, caladiñamente co seu labor fan posible que a vida nas casas discorra o máis normal posible encargándose das tarefas da casa, dos fillos, dos homes, dos animais e da horta. E as que casualmente teñen un traballo remunerado, casan ambas ocupacións de maneira case imposible.


O ideal sería que non houbera un día no ano do pai, da nai, da paz, da muller...Pero xa que está así establecido, quero homenaxealas porque, sendo sostén das súas familias, permanecen na “escuridade” dun plano máis que discreto e, sen elas, non sería posible que esta vida que nos toca vivir fora adiante todo o ano.

Carmen Sambad Lema 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario