martes, 19 de diciembre de 2017

O Apalpador chegou ós Muiños!

 Onte visitounos O Apalpador, tamén chamado O Pandigueiro e o Apalpabarriguiñas. Despois dun longo camiño dende as montañas do Caurel e os Ancares ata a Costa da Morte, chegou ao colexio dos Muiños. Con el viña Alicia, a súa axudante. Contáronnos que nas terras daló dos Ancares ocorreu unha desgraza: arderon os montes e a algúns veciños ata lles ardiu a casa. Desolador! Ensináronnos valores ecolóxicos, a importancia do coidado da natureza e tamén a importancia dunha alimentación sá. Tamén a compartir e a ser solidarios. E como este curso estamos a traballar o proxecto da música, achegáronnos cantigas e bailes que promoven todos eses valores. Que ben o pasamos!

jueves, 30 de noviembre de 2017

CONTOS NO CAMIÑO


O alumnado de 4º, 5º e 6º percorreu un tramo do Camiño de Santiago. A actividade " Contamos e recollemos contos nados no camiño" levámola a cabo o 27 de novembro. Inacio Vilariño encargouse de contar  contos durante o percorrido, que iniciamos en Vilastose e rematamos en Quintáns cun total de 4,5 km.